Plans para o Meu Próximo Camiño
Galician

Plans para o Meu Próximo Camiño

by

sports
exercise
adventure
culture
walking

Todos os anos, o meu marido e mais eu facemos unha ruta diferente do Camiño de Santiago. Mesmo en 2020, cando tivemos que cancelar todos os outros plans de viaxe, aínda conseguimos facer o Camiño Portugués, empezando dende a nosa casa en Lisboa. Podes ler máis sobre aquela aventura aquí.

Para o noso camiño de 2021, o plan orixinal era de comezar logo despois da Pascua, dende Almería. Queríamos facer un camiño moi longo, ao redor de 60 días, conectando tres rutas: o Camiño Mozárabe, a Vía da Prata e o Camiño Sanabrés.

Pero, infelizmente, as condicións sanitarias non son tan boas como agardabamos. A fronteira entre Portugal e España segue estando pechada polo menos ata o 6 de abril. Os dous países xa comezaron o desconfinamento, pero este período de transición vai demorar algunhas semanas.

Entón, mesmo cando a fronteira abre, pode ser que aínda haxan moitas restricións e que resulte difícil encontrar aloxamento e outros servizos. Por iso, decidimos postergar a nosa saída ata o mes de maio.

Só que entón xa vai facer demasiado calor ao longo da Vía da Prata no sur de España, así que cambiamos o noso programa por completo. Agora planeamos facer o Camiño Francés outra vez, o cal xa fixemos en 2017. En tempos normais adoita ser moi frecuentado, así que este ano é unha boa oportunidade de facelo sen tanta xente.

Para coñecer algo novo, tamén imos engadir unha diversión polo Camiño de San Salvador dende León ata Oviedo. Cando cheguemos a Oviedo, probablemente colleremos o tren de volta a León para volver ao Camiño Francés.

E, se aínda temos folgos cando cheguemos a Santiago, gustaríame continuar ata Fisterra. Hai moitas incertezas con respecto ao noso camiño este ano, pero seguro que será unha aventura. Agardo con moita ilusión a oportunidade de falar galego cando chegue a Galicia.

0