O Camiño Francés
Galician

O Camiño Francés

by

travel
adventure
culture
nature
walking

A primeira ruta que fixen do Camiño de Santiago foi o Camiño Francés, na primavera de 2017. Andei 800 quilómetros, dende a aldea de St. Jean Pied de Port en Francia ata Santiago de Compostela en Galicia. Tomoume 39 días para cumprir a peregrinación. Moitas persoas fano máis rapidamente, mais eu camiñei ben amodiño porque sufría dun problema cos meus pés que se chama fasciíte plantar. Por mor deste problema, camiñar era bastante doloroso para min, mais estou moi contenta que fun capaz de chegar ao fin.

Cando fálase do Camiño de Santiago, a maioría da xente pensa no Camiño Francés. Tornouse moi popular grazas a unha película chamada The Way. Mais en verdade hai moitas rutas distintas que comezan en varios lugares en Europa e que terminan todos en Santiago. Nos tempos medievais, peregrinos viñan de todas partes para rezar diante dos restos mortais de Santiago o Apóstolo. Agora, a xente fai o Camiño por varios motivos, non só coma peregrinación relixiosa mais tamén coma unha maneira distinta de viaxar e coñecer un país (ou varios países, dependendo de onde comeza a peregrinación).

Fai case 20 anos que oín do Camiño de Santiago por primeira vez, e xa pensara moito en facelo, mais eu tamén pensaba que houbese só un Camiño. Foi cando fixen o Camiño Francés que descubrín que hai moitas outras posibilidades, incluso camiños case esquecidos que son frecuentados por moi poucos peregrinos.

O Camiño engaiolou o meu marido Nick e mais eu, e decidimos facer unha ruta distinta da peregrinación cada ano. Ata o de agora, xa fixemos catro. Escribirei dos outros camiños que fixen en outros artigos, mais se tes interese en facer un, eu recomendo o Camiño Francés. É unha moi boa opción para alguén que fai o Camiño de Santiago por primeira vez, por varias razóns. A infraestrutura é moi desenvolvida, entón hai moitos lugares onde podes parar para durmir e comer. E tamén hai moitos lugares na ruta onde encontrarás o "espírito do Camiño". Iso é un pouco difícil de describir, mais unha vez que fagas o camiño, o entenderás. Nick e mais eu creamos unha bitácora e un podcast onde falamos deste espírito e do que significa para nós. Podes atopalo nesta ligazón: Spirit of the Camino.

0