O Camiño Portugués Dende Lisboa
Galician

O Camiño Portugués Dende Lisboa

by

travel
exercise
adventure
culture
walking

O último (mais non o derradeiro) Camiño de Santiago que fixemos o meu marido e mais eu foi o Camiño Portugués. Tivemos que cancelar moitas viaxes no ano 2020, mais polo menos conseguimos facer un Camiño, como adoitamos facer cada ano. O Camiño Portugués foi unha escolla obvia, dado que vivimos en Portugal.

A gran maioría da xente que fai o Camiño Portugués comeza no Porto, mais nós decidimos comezar a 370 quilómetros máis lonxe de Santiago, dende o noso apartamento onde vivimos en Lisboa. En total, tomamos 32 días en andar 611 quilómetros dende Lisboa ata Santiago de Compostela, Galicia. De esta maneira puidemos evitar agarrar calquera modo de transporte público, o cal foi unha vantaxe nestes tempos de pandemia.

De feito, a min sempre gustábame a idea de comezar unha peregrinación dende a nosa casa, como o facían os peregrinos nos tempos medievais. O meu marido non estaba moi convencido, porque lera recensións negativas do tramo entre Lisboa e o Porto. Mais as condicións inéditas de 2020 servían coma boa escusa para tentalo.

Por suposto, por mor da pandemia foi un camiño distinto aos outros que fixeramos. Mais sentiámonos tan agradecidos de poder viaxar de calquera maneira de fose, que as inconveniencias non nos importaban. Aínda que tiñan moito menos peregrinos do cal era habitual, fixemos varias amizades e coñecemos xente moi boa, tanto peregrinos coma habitantes locais.

Despois de vivir catro anos en Portugal, moitas das atraccións na ruta con máis sona xa as coñecíamos, coma por exemplo o Convento do Cristo en Tomar ou o sitio arqueolóxico de Conímbriga preto a Coimbra. Mais gozamos da oportunidade de coñecer mellor o noso país adoptivo, incluso algunhas zonas rurais que serían ben difíciles de acceder doutra maneira, dado que non temos coche.

Agora estamos agardando que a fronteira se abra e as restricións muden para poder facer o noso quinto Camiño de Santiago este ano, en 2021.

Se queres saber máis do Camiño Portugués, podes consultar esta lista de puntos destacados da ruta na nosa bitácora.

0