Despois de escribir o meu último artigo, sobre o campionato mundial de patinaxe artística, decidín pescudar na Internet informacións en galego sobre a patinaxe artística. Atopei algunhas páxinas en Facebook de clubs de patinaxe artística, e tamén atopei a páxina web da Federación Galega de Patinaxe.
Pero cando comecei a ler estas páxinas, para a miña sorpresa decateime axiña de que non falaban da patinaxe artística sobre xeo, senón da patinaxe artística sobre rodas. Da patinaxe artística sobre xeo non atopei case ren, agás unha páxina na Galipedia (é así que se chama a Wikipedia escrita en galego).
A patinaxe artística sobre xeo non é un deporte moi popular en España, e aínda menos aquí en Portugal. De feito, no país enteiro de Portugal só hai unha pista de xeo que está aberta todo o ano. Queda dentro dun centro comercial en Viseu, unha vila relativamente pequena no norte de Portugal. En Lisboa, a capital, só hai pistas temporais que duran só por un ou dous meses durante o período natalicio.
A situación en España é un pouco mellor, xa que hai 18 pistas, das cales 14 son de dimensións olímpicas. Pero ningunha delas queda en Galicia. A meirande parte quedan ou en Madrid ou na rexión nordeste de España.
Á luz da falta de lugares para adestrar, non é de estrañar que xamais un patinador representase Portugal nunha competición internacional. Pola outra banda, España recibiu unha man chea de galardóns internacionais nos últimos anos, grazas a Javier Fernández.
Javi foi o primeiro patinador español en ganar unha medalla nos Xogos Olímpicos, ou mesmo nun campionato ou evento Grand Prix da Unión Internacional de Patinaxe. Ao longo da súa carreira, ganou unha medalla de bronce aos Xogos Olímpicos, dous medallas de bronce e dous medallas de ouro aos campionatos mundiais, e sete medallas de ouro consecutivas aos campionatos europeos.
Agora que Javi retirouse, os mellores atletas españois no mundo da patinaxe artística sobre xeo compiten na disciplina de baile sobre xeo. A parella Sara Hurtado e Adrià Díaz competiu por España de 2008 a 2015. Agora ambos os dous atletas teñen novos compañeiros, e as dúas novas parellas -- Sara Hurtado/Kirill Khaliavin e Olivia Smart/Adrià Díaz -- adoitan acadar niveis máis ou menos iguais nas competicións.
No campionato mundial de 2018, Olivia Smart e Adrià Díaz terminaron en duodécimo lugar, e o próximo ano Sara Hurtado e Kirill Khaliavin acadaron a mesma posición. A dificultade é que España normalmente ten un só lugar en competicións internacionais, así que hai unha rivalidade intensa entre as dúas parellas para ver cal deles participará.
Agardo que Hurtado e Khaliavin acaden un bo resultado no campionato que se está celebrando agora en Estocolmo, para que España poida conseguir un segundo lugar nas próximas competicións e así ambas as dúas parellas poidan competir.
Mesmo uma postagem muita interessante, Wendy! :)
@LindasLinguas Obrigada! Estou feliz de saber que você gostou.
Ou son de Ourense, e podo confirmar que aquí moita patinaxe sobre xeo non hai. En Navidades o centro comercial ten unha pista, pero só dura unhas semanas. A moita xente que coñezo lle gusta ir a patinar eses días, pero non existe moito espírito de facer unha pista para todo o ano.
@PiAlfa Grazas polo comentario! É igual en Lisboa onde vivo, hai algunhas pistas pero só en Navidades. Estou facendo o Camiño de Santiago agora e, se todo corre ben, debo pasar por Ourense daquí a algunas semanas. Estou ansiosa por coñecer a cidade!