Campionato Mundial de Patinaxe Artística
Galician

Campionato Mundial de Patinaxe Artística

by

sports
hobbies

Hoxe comeza o Campionato Mundial de Patinaxe Artística 2021 en Estocolmo, Suecia. Son moi afeccionada á patinaxe, de maneira que agardaba este evento con moita ilusión. O ano pasado o campionato foi cancelado por mor da pandemia, e moita xente pensaba que o mesmo acontecería este ano. Os organizadores decidiron no último momento celebrar o campionato como estaba programado, pero sen espectadores.

Moitos outros eventos xa foron cancelados durante esta estación, así que o campionato mundial, o cal xa é o evento máis importante do ano, é aínda máis importante esta vez para os atletas. Sobre todo porque é imprescindible para determinar quen participará nos Xogos Olímpicos en Pequín no vindeiro febreiro.

O evento está transmitido ao vivo na canle YouTube da Unión Internacional de Patinaxe, pero en moitos países está bloqueado para non infrinxir os dereitos de transmisión das redes locais de televisión. Aínda que se pode empregar un VPN para evitar o bloqueo. Aquí en Portugal, as emisións en YouTube están bloqueados, porque Eurosport é quen mantén os dereitos de emisión. Pero afortunadamente o meu marido ten unha subscrición ao EuroSport, así que podo mirar o campionato no seu sitio web.

Non teño tempo para mirar todas as competicións porque duran moitas horas. Esta mañá, por exemplo, 39 mulleres patinaron na competición de programa curto. Ata o momento, mirei máis ou menos una ducia, e despois de cear vou mirar o último grupo de quecemento, o cal inclúe seis das melloras patinadoras do mundo. Pero tamén queda por vir esta noite o programa curto de parellas. Se cadra miro só o ultimo grupo de quecemento daquela competición.

A miña competición preferida é aquela dos homes, o cal empeza mañá co programa curto. Agardo con moita ilusión a actuación do meu patinador favorito, Yuzuru Hanyu. Ata o momento el competiu só unha vez esta estación, no campionato nacional de Xapón.

Adorei o seu programa curto, no cal patina a "Let Me Entertain You" por Robbie Williams. Espero que el poda vencer o seu rival, Nathan Chen.

0