Hoxe vou recomendar algunhas ferramentas para quen queira aprender galego. Hai recursos moi bos para estudantes de galego, e ademais, son todos de balde! Mais debes ter en conta que todos son enteiramente en galego. Se xa falas castelán o portugués, iso non debe ser un problema, xa que as tres linguas son parecidas en moitos aspectos.
É raro que alguén estude galego como a súa primeira lingua románica, e por iso non hai un mercado para materiais didácticos feitos en inglés ou outras linguas. Se estás comezando dende cero e non tes ningunha outra lingua románica coma punto de referencia, podes tentar uTalk ou Bluebird, os cales son as únicas aplicacións que coñezo que ensinan o galego a través do inglés (e a través de moitas outras linguas tamén). Eu expliquei máis sobre estas aplicacións nun artigo previo.
#DígochoEu
Os capítulos desta programa da Televisión de Galicia son moi breves, moitas veces duran menos dun minuto. Así que se es curioso por saber un pouco do galego mais non tes moito tempo, eu recomendo que comeces por mirar dous ou tres capítulos de #DígochoEu. Mesmo sendo moi curtos, sempre apréndese moito.
A serie comezou no inicio do ano 2021 e xa ten moito éxito. Unha das razóns por este éxito é sen dúbida a personalidade encantadora da presentadora Esther Estéves. #DígochoEu está dispoñible na canle YouTube da TVG, e agora tamén está en TikTok.
Foi concibido para axudar os galegos a evitar castelanismos e falar un galego máis normativo, mais agora tamén está seguido por moitas persoas fora de Galicia, sobre todo portugueses e brasileiros. Sempre hai moitos comentarios debaixo dos vídeos escritos por persoas que falan portugués e fican sorprendidos cando se dan conta de que entenden moi facilmente o galego.
Portal das Palabras
Este sitio web é unha iniciativa da Real Academia Galega (RAG), onde podes atopar non só o dicionario oficial da RAG, mais tamén moitos artigos, vídeos e incluso xogos relacionados á filoloxía galega.
Aula de Galego
Se buscas un libro para aprender galego, recomendo esta serie de catro manuais. Son deseñados para preparar os alumnos para os exames oficiais da lingua galega, de Celga 1 a Celga 4. Estas designacións de nivel son equivalentes a A2 e C1 no cadro normativo da Unión Europea. Para o nivel Celga 5 / C2, non hai ningún manual.
Pódese descargar os manuais de balde no sitio Lingua.gal, o cal é o portal oficial da lingua galega mantida polo goberno autónomo de Galicia. De feito, o goberno tamén ofrece clases, tanto presencias como en liña. Creo que as inscricións abren unha ou dúas veces por ano.
Aula GaliciaAberta
Isto tamén é unha iniciativa do goberno autónomo de Galicia, destinado en meirande parte ás emigrantes ou descendentes de emigrantes galegos en todo do mundo. Hai unha gran diáspora galega, posto que moitos galegos emigraron nos séculos XIX e XX por mor da pobreza e a situación política en Galicia daquela.
Agora o goberno de Galicia subvenciona programas en centros culturais galegos en outros países para dar a coñecer a cultura e a lingua galega e axudar os emigrantes e os seus fillos a manter unha ligazón coa Galicia. Este ano, posto que na meirande parte dos países do mundo non é posible dar aulas presenciais, ofrecen aulas en liña ao vivo na paxina Facebook GaliciaAberta.
As aulas comezan ás 20:00 (horario de Galicia) todos os luns e xoves. É moi chulo conectar na sección de comentarios con persoas que viven en Arxentina ou noutros lugares e que queren aprender a lingua dos seus pais e avós.
Outra vez um texto muito bem escrito! Faz-me vontade aprender o galego! :)
@LindasLinguas Isso seria ótimo se você começasse a aprender o galego! Eu te encorajo a olhar alguns capítolos do #DígochoEu, só para ouvir o som da língua.