Aplicacións para Aprender Linguas
Galician

Aplicacións para Aprender Linguas

by

education
language learning
cognitive science
memory
recommendations

Neste artigo vou falar dalgunhas aplicacións que uso ou que usei no pasado para aprender linguas. Cada unha ten as súas vantaxes e desvantaxes.

Duolingo

A máis famosa de todas as aplicacións para aprender linguas, seguramente xa coñeces Duolingo. Coido que a popularidade de Duolingo é devido a dous factores: 1. é de balde; e 2. os desenvolvedores saben moi ben como converter a aprendizaxe nun xogo. Saben como enganchar os usuarios para que sigan usando a aplicación.

Iso xa pasoume a min, e gastei moito tempo usando Duolingo mesmo cando sabía que non era unha maneira moi efectiva de estudar. Aínda hoxe teño unha "racha" de 681 días consecutivos. Só que agora só leo as "historias", non fago máis os exercicios normais da "árbore" en Duolingo. O certo é que adoro as historias! Paréceme un exemplo marabilloso de "input comprensible". Infelizmente, ata o de agora só están dispoñibles en seis linguas: castelán, portugués, alemán, francés, italiano e inglés.

LingoDeer

É parecido ao Duolingo, só que a mascota é un cervo e non un bufo. Hai algunhas outras diferenzas, mais igual non creo que as leccións regulares de LingoDeer sexan moi efectivas. A parte o que si que me gustan son os cursos chamados "fluent", os cales neste caso tamén son dispoñibles en poucas linguas: francés, xaponés, coreano e chinés. Falando en xeral, os mellores cursos de LingoDeer son os que ensinan linguas asiáticas.

uTalk

Non é realmente un curso completo, máis ben un libro dixital de frases. Mais se queres só aprender algunhas frases para viaxar, é moi útil. E inclúe unha morea de linguas de todas partes do mundo, mesmo o galego! Ata o de agora só atopei con dúas aplicacións que ensinan galego, e uTalk é sen dúbida a mellor das dúas.

Busuu

Os primeiros dias que usei Busuu estaba encantada. Parecíame a mellor de todas as aplicacións para aprender linguas. Desafortunadamente, cando cheguei máis ou menos á metade do curso A1 do xaponés, empeorou dunha maneira alucinante. Xa non parecía a mesma aplicación, e tiven que abandonala e pescudar outras materiais para estudar xaponés.

Algúns meses despois, decateime de que engadiran novas leccións na segunda metade do curso A1. Entón, agardo que continúen a expandir e mellorar o contido a todos os niveis. Penso que nos cursos das linguas europeas máis populares, como son o castelán, o francés, o alemán e o inglés, o contido xa é moi bo. Mais en outras linguas como o xaponés e o ruso, non é da mesma calidade, nin moito menos.

Ling

Non é malo para quen estuda unha lingua menos coñecida para o cal non hai moitos outros recursos. A grande desvantaxe é que as leccións, os cales son baseados en xogos de vocabulario e diálogos, son iguais en todas as ducias de linguas dispoñibles na aplicación.

Isto significa que apréndese pouca cousa da cultura do país onde se fala a lingua meta, e tamén da gramática e as peculiaridades de cada lingua. En xeral, non me gusta nada esta estratexia de facer exactamente a mesma cousa en moitas linguas, porque as linguas non funcionan así, son todas distintas. Mais, como uTalk e as próximas dúas aplicacións dos cales vou falar en baixo, o Ling pode pagar a pena para as persoas que aprenden linguas máis raras.

Mango

Mango tamén ofrece ducias de linguas, e, a diferenza de Ling, cada curso é feito á medida e inclúe aspectos que son únicos á cultura e gramática da lingua meta. Probei a aplicación cun par de linguas, mais nunca enganchoume. Para min o método é un pouco aburrido. Doutra banda, é dispoñible de balde a través de moitas bibliotecas públicas.

Bluebird

A vantaxe desta aplicación é o enorme número de linguas que ofrece, incluso o galego! Doutra banda, a desvantaxe da aplicación é... todo o demais. Realmente detesto o método que usa para ensinar linguas, o cal consiste en repetir moitas veces algunhas palabras e frases. Polo que entendo, é parecido ao método Pimsleur, así que se te gusta Pimsleur tal vez te gustará Bluebird.

Aparte destas aplicacións, hai dúas máis que aínda non usei e que gustaríame probar -- Babbel e Speakly. Eu sei que Robin é moi afeccionado a Babbel. E Speakly a coñecín recentemente a través doutro youtubeiro que sigo, Lamont de Days of French and Swedish. Parece que Speakly, ademais das leccións en si, tamén contén moitos contidos para inmersión.

E ti, usas algunha destas aplicacións, ou tes outras que podes recomendar?

0