Se che gustan os libros de fantasía, eu recomendo sen dubidar a serie Dragal escrita por Elena Gallega Abad. Ata o de agora hai cinco libros na serie:
Dragal I. A herdanza do dragón
Dragal II. A metamorfose do dragón
Dragal III. A fraternidade do dragón
Dragal IV. A estirpe do dragón
Dragal V. O segredo do dragón
Estes libros contan a historia de Hadrián, un mozo de dezaseis anos quen, despois da morte do seu pai, trasládase coa súa nai a unha vila pequena na costa de Galicia onde os seus pais medraran. El herda do seu pai un antigo medallón coa figura dun dragón, e de aí comeza unha aventura cada vez máis misteriosa. Resulta que o medallón é a clave para atopar Dragal, o último dragón galego.
Galicia é un país cheo de maxia e misterio, e na historia de Dragal a autora incorpora moitas lendas antigas e tamén personaxes reais da historia. Por exemplo, Nicolas Flamel, o famoso alquimista francés que presuntamente fabricou a pedra filosofal e que tamén aparece no primeiro libro de Harry Potter, seica aprendeu os segredos da alquimia no camiño de Santiago.
Eu lin todos os cinco libros, e encantáronme. Non creo que o quinto libro sexa o último, xa que non hai ningunha conclusión da historia na fin daquel libro. Segundo parece, aínda hai moito máis para contar. No sitio web da autora, di que faltan 68 días ata o anuncio do seu novo proxecto literario. Agardo que sexa o sexto capitulo da serie, porque teño moitas ganas de saber o que acontece despois.
Os libros son escritos en galego, pero tamén hai traducións en inglés e castelán. E, segundo o sitio web, logo a historia de Dragal estará dispoñible tamén en formato de cómic, videoxogo, e mesmo película!
Uau! Parece uma história muito fixe! Também há uma tradução em português de Portugal?
@LindasLinguas Infelizmente, parece que não. Que eu saiba, está traducido só ao inglês, espanhol e catalán.
A verdade é que nunca escoitei sobre este libro (que triste, non xd?), pero parece interesante. Eu son de ler bastante, así que teño varias recomendacións: "A memoria dos paxaros" de Teresa González Costa, "Be Water" de Antía Yáñez, "Deixe a súa mensaxe despois do sinal" de Arantza Portabales Santomé, "O que sei do silencio" de Andrea Maceira, "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas e "Nena e o mar" de Erica Esmoris.
@PiAlfa Moitas grazas polas recomendacións! Lin "Europa Express" por Andrea Maceiras é encantoume. Vou engadir estes libros a miña listaxe de lectura.