O Desconfinamento Comeza coas Librarías
Galician

O Desconfinamento Comeza coas Librarías

by

reading
literature
culture
lifestyle
daily life

Hoxe foi un día cheo de ilusión porque foi o comezo do desconfinamento aquí en Portugal. O segundo confinamento total desta pandemia empezou o 15 de xaneiro, cando a situación sanitaria era unha verdadeira crise. Agora, despois de dous meses, os números de casos novos, de mortes e de hospitalizacións finalmente baixaron a un nivel que posibilita o desconfinamento do país.

Por suposto, vai ser un proceso longo, dividido en varias fases. Nesta primeira fase, os cambios son modestos. Os alumnos da escola primaria poden retornar ás aulas presenciais, os salóns de peiteado poden reabrir, e tamén as librarías. Esta última é a novidade que máis me interesa.

O meu marido e mais eu fixemos unha xira de media ducia de librarías esta mañá. Primeiro fomos a unha na nosa rúa que se chama "Palabra da Viaxante". Infelizmente estaba pechada, porque sempre pecha os luns. Foi unha mágoa, porque é unha libraría moi chula que vende libros relacionados coas viaxes. Mais despois fomos a varias outras, e gozamos moito.

Eu merquei de segunda man un libro escrito por Chico Buarque chamado "Budapeste". O certo é que nin sabía que Chico Buarque era autor. Eu coñecía só a súa música. Este libro interesoume porque teño planeado un traballo de guía turística en Praga e Budapest en setembro. Xa veremos se esta xira acontece ou non; todo aínda está moito incerto con respecto ao turismo este ano.

Unha outra novidade nesta primeira fase do desconfinamento é que agora pódese sentar nos bancos públicos. Algo que sempre dera por feito mais que era prohibido durante o confinamento. Todos os bancos estaban envolvidos en fita policial. Esta pandemia ensinoume a apreciar as pequenas cousas coma o gozo de tomar o sol sentado nun banco nun parque.

0