Como Aprender Linguas Raras
Galician

Como Aprender Linguas Raras

by

reading
fiction
language learning
language exchanges
recommendations

Hai moitos manuais e outros contidos e ferramentas para aprender as linguas máis populares, como castelán, alemán, inglés ou incluso xaponés ou chinés. Mais que se pode facer se se quere aprender unha lingua pouco comuna? Onde se pode dar con contidos nestas linguas?

Recentemente atopei un recurso moi bo chamado StoryWeaver que ofrece contidos en máis de 200 linguas. É destinado aos nenos, mais tamén é moi útil para estudantes adultos. Xuntei este recurso con outros dous para crear un sistema, o cal creo que vai axudarme moito a aprender dende cero linguas menos coñecidas.

Cando digo "dende cero", quero dicir que pódese empregar este sistema mesmo sen saber unha soá palabra na lingua meta. Sen embargo, primeiro hai que aprender o alfabeto (ou outro sistema de escritura se a lingua meta non teña alfabeto).

Para iso, non hai un único recurso que ensine todos os alfabetos do mundo, de maneira que será preciso pescudar unha ferramenta específica á túa lingua meta escollida. Mais iso non debe de ser moi difícil. Hai unha chea de aplicacións que ensinan o alfabeto dunha lingua en particular, mesmo os alfabetos raros.

Unha vez que consigas recoñecer os símbolos que se usa para escribir a túa lingua, podes comezar a aprender a lingua a través deste sistema, o cal está baseado na lectura. Usarás as tres ferramentas seguintes:

1. StoryWeaver

StoryWeaver é unha iniciativa excelente que busca ofrecer libros dixitais a nenos e nenas de todas partes do mundo na súa lingua materna. Foi creado por unha editorial indiana, de maneira que varias linguas da India son ben representadas no catálogo de StoryWeaver, mais tamén moitas outras linguas da África, da Asia, de Europa e incluso linguas indíxenas das Américas.

Os libros son clasificados en cinco niveis, comezando polo nivel máis baixo, chamado "lector emerxente". A este nivel, cada libro contén menos de 50 palabras e inclúe moita repetición. Ao nivel máis alto, os libros conteñen máis de 1.500 palabras, e as historias son máis desenvolvidos.

A plataforma facilita a tradución destes libros por voluntarios, así que a meirande parte dos libros están dispoñibles en ducias de linguas. Entón, podes comparar a versión na túa lingua meta coa versión en inglés ou calquera outra lingua que entendes.

Ademais, son publicados baixo unha licenza Creative Commons, o que quere dicir que se pode compartilas libremente. E é exactamente iso que imos facer na segunda etapa.

2. OP Lingo

Tal vez xa coñeces LingQ, o cal é unha plataforma moi popular para aprender linguas a través de contidos en forma escrita e ficheiros de audio. Ben, o OP Lingo é moi parecido, só que admite moitas máis linguas -- máis que 100. E ademais, é máis barato. Ten mesmo una versión de balde, e a versión de pago custa só cinco dólares por mes se pagas por un ano enteiro.

Unha vez que descargas un libro de StoryWeaver na túa lingua meta, podes crear unha lectura ou "pasaxe" en OP Lingo. Se tamén descargas o mesmo libro noutra lingua que falas, podes engadir iso á pasaxe como unha "tradución completa". Mais mesmo sen iso, OP Lingo mostrará unha tradución palabra por palabra do texto.

Posto que todos os contidos do StoryWeaver son baixo licenza Creative Commons, tamén podes compartir a túa pasaxe coa comunidade OP Lingo. Podes ver nesta ligazón un "curso" de támil que creei eu, o cal consiste en varias pasaxes baseadas en libros de StoryWeaver. Vou continuar a engadir máis contidos a este curso a medida que continuo cos meus estudos de támil.

3. RhinoSpike

O dicionario en OP Lingo pronuncia as palabras unha por unha, mais é moito máis efectivo se podes engadir o ficheiro de audio da lectura enteira da pasaxe. Para esta terceira e derradeira etapa, recomendo RhinoSpike. O cal coñecín grazas a alguén aquí en Journaly. Xa non me lembro quen era, mais grazas!

Neste sitio podes pedir a nativos da túa lingua meta que graven a eles mesmos lendo a pasaxe. Para poder descargar o ficheiro de audio, só tes que facer algunhas gravacións na túa lingua nativa en cambio.

Se non recibes unha resposta ao teu pedido en RhinoSpike, unha outra opción é de encontrar un compañeiro de intercambio e pedir a el ou ela de facer a gravación. Language Exchange é só un de varios sitios de intercambio lingüístico, ou tamén hai a aplicación HelloTalk.

E agora que tes versións bilingües con ficheiros de audio de historias a varios niveis, podes mergullar no contido para aprender a túa lingua meta. Se atopas un manual tradicional que ensina a lingua, podes usar iso tamén como referencia para responder ás túas preguntas sobre a gramática.

Mais na miña experiencia, a verdadeira aprendizaxe acontece coa inmersión. Que pensas deste método? Vas probar algunhas destas ferramentas?

0