Ti cres que paga a pena facer unha proba oficial de avaliación do teu nivel nunha lingua estranxeira? Estou falando dos exames estandarizados que ofrecen os gobernos de varios países, coma o HSK na China, o JLPT en Xapón, ou o CELGA en Galicia.
Hai algúns anos, eu fixen o exame HSK do chino e superei o nivel máis alto (HSK 6). Non precisaba do certificado nin polo traballo, nin por estudos universitarios ou calquera outro motivo. Simplemente escollín o exame HSK 6 coma unha meta persoal. E aínda que superei o exame, agora xa non creo que fose unha boa meta. Dalgunha maneira, arrepíntome de facelo.
E case cometín o mesmo erro outra vez co xaponés. Planeaba facer o exame JLPT N5 na fin do ano 2020, e foi só por mor da pandemia que non o fixen. Daquela, o meu obxectivo era de superar un nivel cada ano, e así acadar o nivel N1 dentro de cinco anos. Agora estou convencida de que os meus estudos do xaponés serán moito máis efectivos, e tamén máis divertidos, sen ter sempre esta meta en mente.
Por unha banda, superar unha proba oficial pode parecer un bo propósito, xa que te incentiva a continuar os teus estudos. Pero pola outra banda hai un risco que o que aprendes sexa como superar un exame é non como falar a lingua.
Cando eu preparaba o HSK, enfoquei moito nas listas oficiais de vocabulario. Asistín a clases personalizadas na China e pedín á miña profesora que me explicase todos os termos na lista un por un. Foi aburrido e pouco efectivo. Sería máis divertido e máis útil ler libros en chino e mirar series de televisión en chino, e así aprender vocabulario novo dunha maneira máis natural.
Outra desvantaxe de superar a proba foi que me deu unha confianza falsa na miña aptitude no chino. Pensaba que, posto que superara o HSK 6, o cal é presuntamente equivalente ao nivel C2 do marco común europeo, xa non precisase estudar máis.
Claro que iso foi unha tolería! Os meus profesores me loaban, e se cadra eu falaba o chino relativamente ben en comparación cos outros alumnos. Mais eu aínda estaba moi lonxe de poder falar como un nativo, o mesmo de manter unha conversación con nativos, dependendo do tema da conversa.
Logo despois de superar o exame deixei de estudar o chino, e entón esquecino moi rapidamente. Agora estou tentando recuperar todo o que perdín nos cinco anos que non estudaba. E esta vez, non quero parar ata que realmente acade un nivel avanzado.
Quero puntualizar que a validade do exame coma proba do teu verdadeiro nivel na lingua depende do tipo de exame. A meirande parte destes exames oficiais consisten en preguntas de escolla múltiple, as cales non serven para moito.
Pola contra, o CELGA, a proba oficial da lingua galega, mide só a túa produción na lingua. Hai dúas partes do exame: unha parte escrita na cal tes que escribir un ensaio, e unha parte oral na cal tes que falar. Non hai ningunha lista de vocabulario polo CELGA como hai polo HSK.
Dado o formato do exame, coido que debe ofrecer unha medida máis precisa das túas habilidades na lingua. Aínda así, non sei se vou facelo. Podería ser útil, dado que o meu obxectivo agora é traballar como tradutora do galego ao inglés. Se puidese mostrar ás casas editoriais que superei o CELGA 4, creo que tomarían máis en serio as miñas propostas.
E ti, xa fixeches algunha proba oficial dunha lingua, ou pensas facelo no futuro?