Temo que estou aprendendo demasiadas linguas ao mesmo tempo. En concreto, agora mesmo estudo sete linguas todos os días: galego, chino, ruso, alemán, xaponés, húngaro e támil. Eu sei que é unha loucura, mais non me atrevo a abandonar ningunha delas! Teño razóns por querer aprender cada unha. E por agora, teño o tempo libre para facelo.
Mais o certo é que co programa de aprendizaxe que estou seguindo agora, non teño tempo para moito máis na miña vida. Eu tento limitar os meus estudos ás horas da mañá e deixar a tarde libre para facer outras cousas, mais case nunca consígoo.
Obxectivo: Acadar un Nivel Avanzado
O galego é o meu foco primario, así que ademais do meu tempo de estudo pola mañá, tamén mergúllome en contidos en galego durante o resto do día na medida que sexa posible. Namentres corro ou lavo a louza, escoito falangullos en galego. E pola noite antes de deitarme, miro programas de televisión e leo libros en galego.
Con respecto ás outras seis linguas, dedico entre 15 e 30 minutos por día a cada unha. Xa falo o chino e o xaponés a un nivel intermedio, e por agora tento só mantelos a máis ou menos o mesmo nivel. No futuro, despois de acadar un nivel bastante avanzado en galego (C1 ou por aí), o chino e despois o ruso serán os meus novos focos.
Entón mergullareime en contidos chinos durante meu tempo libre ata alcanzar un nivel avanzado de chino. No pasado, eu pensaba que xa alcanzara este nivel, mais enganeime. Mesmo que eu sempre era a mellor alumna da clase e superei o exame HSK 6 (o máis alto de todos os seis niveis), tanto a miña comprensión como a miña habilidade de expresarme eran moito máis baixo do que eu acadara nas linguas románicas que estudara.
Esta vez, meu obxectivo non é de superar ningún exame, porque non coido que os exames deste tipo sexan unha boa maneira de medir habilidades nunha lingua. En vez disto, meu obxectivo será de poder ler un libro en chino o mirar un programa de televisión en chino como un divertimento. Quero poder consumir contidos en chino como unha maneira de relaxarme, como xa fago agora en galego.
E entón, continuarei o mesmo proceso co ruso, e despois co xaponés. Eu sei que este proceso vai demorar anos, mais son moi resolta e creo que podo facelo. A idea é que, unha vez que acado un nivel suficientemente avanzado nestas linguas, xa non será preciso estudalos todos os días. Isto é o caso co francés ou o castelán, por exemplo. Non fago ningún esforzo por practicar estas linguas, mais mesmo así non as esquezo, porque xa as falo a un nivel avanzado. Pola contra, cando parei de estudar o chino, esquecín moito.
Obxectivo Non Determinado
Ao respecto ás outras tres linguas que estou estudando agora - o húngaro, o támil e o alemán - non sei se vou continuar con elas ata acadar esto mesmo nivel. No caso do húngaro e do támil, probablemente non. Empecei a aprendelos porque teño viaxes a Hungría e a Sri Lanka planeadas, e sempre gústame aprender un pouco da lingua local de meu destino. Mais é moi posible que mesmo despois desas viaxes non vou querer parar. Xa veremos.
No que concirne ao alemán, case non foi unha decisión consciente da miña parte aprendela, a verdade. As miñas razóns por querer aprender o alemán son ben máis tenues cás miñas razóns por aprender as outras linguas das que xa falei. O certo é que non me sinto moi atraída nin polos sons da lingua nin pola cultura (pido desculpas aos meus amigos e lectores alemáns!!).
Pero son de descendencia alemá, e teño parentes en Alemaña con quen gustaríame comunicar. Outro factor é que hai tantos recursos excelentes para aprender alemán, os cales non son dispoñibles para outras linguas coma o húngaro ou o támil. De maneira que empecei a empregar algúns recursos só por curiosidade, e foron tan divertidos que non quería parar.
Aínda non dixen ao meu marido que estou aprendendo alemán. Vou gardar o segredo o máis tempo posible, e sorprendelo un día cando teña a oportunidade de falar. Probablemente non é unha boa razón por aprender unha lingua, mais sería moi chistoso!
Estudar sete linguas ao mesmo tempo é unha loucura! 🤔😂👍 Pero que bueno que te gusta y puedes manejar tu tiempo haciéndolo, porque conlleva bastante trabajo, jajaja. Y la sorpresa que tienes preparada seguro será muy divertida y una gran anécdota para contar.
@Luis_Ladino Por ahora sí, consigo manejar mi tiempo haciéndolo, porque no tengo muchas outras obligaciones en este momento. Más tarde, ya veremos.